Na nosa familia o oficio vívese desde hai décadas por tradición e pasou de pais a fillos durante catro xeracións. Hai máis de vinte anos que estamos no noso obradoiro actual de guarnicionería, un espazo onde as pezas de equitación comparten mans, tempo e dedicación coa marroquinería.

É aquí, en Corzo, o noso obradoiro e a nosa marca, onde compaxinamos o traballo de sempre co deseño actual.

Un espazo aberto ao deseño. Esta experiencia levounos tamén a colaborar con firmas que confían no noso obradoiro para o desenvolvemento das súas propias pezas.

Ter o noso propio almacén de peles permítenos elixir, unha a unha, as peles nacionais de curtición vexetal e outras pezas de orixe italiana. En Corzo deseñamos pezas pensadas para o día a día, con acabados honestos feitos para durar; mantendo vivo un oficio para crear pezas que te acompañen toda a vida.

Artesanía feita con tempo, sen présas.

fundador corzo taller guarnicioneria y artesania en cuero

J. Alfonso Gómez Corzo

Fundador de Corzo Guarnicionería

A experiencia dunha vida adicada ao coiro

calibrador de coiro de corzo artesanía e guarnicionería

obradoiro corzo artesanía y guarnicionería

Obradoiro